Author Archives: Admin

13442462_1320742797936158_7148891309166991712_oNon para a festa Do Fondo coa entrada de xullo. Así, o sábado 25 estaremos de novo na zona vella compostelana, dentro da programación do San Xoán na Cidade Vella. Será a partir das 21.30, cunha ruada que nos levará á praza de Mazarelos, onde actuaremos de 22.00 a 23.00

13340040_532988340244788_1364228426296524083_oE para o domingo 26 de xuño temos preparada unha boa foliada ás 20.00h dentro da programación da Festa da Carballeira de Baio (Zas), organizada pola Asociación Cultural Adro. Non vai quedar ferrado sen labrar de tanto que ides bailar!


crechas170616

Do Fondo do Peto na Casa das Crechas, na noite do mércores

O pasado mércores 17 tivemos a sorte de estar de novo en Crechas, desta vez para desenvolver a clásica Foliada de todos as quartas feiras. Todo un gustazo tocar alío e ver como, aínda que por alí non correse moito o aire, non se perdeu ocasión de armar un mini-torreiro. Mil grazas a todos os que nos acompañastes, cantastes, fixestes play-back de beizo (ou air-vocal) e a canto pé picou e gastou pista ao noso carón. Continue reading


_MG_2079Este 28 de maio os Do Fondo do Peto estaremos en Compostela para celebrar o centenario da creación das Irmandades da Fala. Desde as 20h. estaremos amosando o noso repertorio, gran parte do cal procede dos Coros Tradicionais galegos, que formaron parte deste movemento cultural e político.

A actuación está prevista na terraza. Se o tempo o impide, trasladarase ao interior da Casa das Crechas.

Sábado, 28 de maio.
Casa das Crechas (Vía Sacra,3. Santiago de Compostela)
Entrada: De balde


_MG_1631

Temos xa na axenda as seguintes actuacións, que nos levaran polas comarcas do Deza e Compostela:

  • 21 de maio: Romaría de Santa Rita de Añobre, Vila de Cruces. Faremos a festa ao serán.
  • 28 de maio: Centenario das Irmandades da Fala. Estaremos a pé de rúa na Casa das Crechas de Compostela.

Xa co vrao comezado, estaremos en Soneira:

  • 26 de xuño: Festa da Carballeira de Baio (Zas), a partir das 18.00h.

Seguimos informando!


Recentemente vén de unirse a nós Martiño Senande. Con el tamén nos acompañará o son do seu acordeón diatónico para engadir novos timbres e harmonía á nosa música. Benvido Martiño!

martinho


O pasado 23 de xaneiro homenaxeamos a un grande da nosa música no Teatro Principal de Compostela. Xoán Bello Mallou, alguén tan importante como recoñecido para a nosa música e para a gaita galega.

Queremos agradecer a todo o público asistente e sobre todo ás distintas agrupacións que nos acompañaron para recordar parte do seu repertorio e a súa figura dous anos depois da súa marcha. Grazas a todos!

No noso Facebook teremos pronto unha escolma das fotos e vídeos de tan fermosa xornada.

Do Fondo do Peto e beiladores!