Este 28 de maio os Do Fondo do Peto estaremos en Compostela para celebrar o centenario da creación das Irmandades da Fala. Desde as 20h. estaremos amosando o noso repertorio, gran parte do cal procede dos Coros Tradicionais galegos, que formaron parte deste movemento cultural e político.
A actuación está prevista na terraza. Se o tempo o impide, trasladarase ao interior da Casa das Crechas.
Sábado, 28 de maio.
Casa das Crechas (Vía Sacra,3. Santiago de Compostela)
Entrada: De balde
Reply