crechas170616

Do Fondo do Peto na Casa das Crechas, na noite do mércores

O pasado mércores 17 tivemos a sorte de estar de novo en Crechas, desta vez para desenvolver a clásica Foliada de todos as quartas feiras. Todo un gustazo tocar alío e ver como, aínda que por alí non correse moito o aire, non se perdeu ocasión de armar un mini-torreiro. Mil grazas a todos os que nos acompañastes, cantastes, fixestes play-back de beizo (ou air-vocal) e a canto pé picou e gastou pista ao noso carón.

13442462_1320742797936158_7148891309166991712_oNon para a festa Do Fondo coa entrada de xullo. Así, o sábado 25 estaremos de novo na zona vella compostelana, dentro da programación do San Xoán na Cidade Vella. Será a partir das 21.30, cunha ruada que nos levará á praza de Mazarelos, onde actuaremos de 22.00 a 23.00.

 

13340040_532988340244788_1364228426296524083_o

E para o domingo 26 de xuño temos preparada unha boa foliada ás 20.00h dentro da programación da Festa da Carballeira de Baio (Zas), organizada pola Asociación Cultural Adro. Non vai quedar ferrado sen labrar de tanto que ides bailar!