Do Fondo do Peto arrinca a súa andaina en 2013 cun claro obxectivo: poñer no panorama musical aquelas pezas que foron quedando atrás á par de agrupacións que mantiveron a música tradicional galega viva e con dignidade.

Así, xuntámonos un elenco de persoas chegadas de comarcas tan diversas coma A Mariña, a Costa da Morte, a Ulla, o Condado e Compostela para interpretarmos unha longa escolma do repertorio dos nosos coros históricos, recolleitas dos gaiteiros do país e pezas clave dos cuartetos tradicionais, dándolle a nosa visión e experiencia sen perder o rigor polas fontes orixinais das que tiramos.

Do Fondo do Peto somos: